O novo contrato do lixo mellora as ratios por distancia e número de habitantes en Vilagarcía

Los nuevos contenedores serán máis accesibles para personas con diversidad funcional
Contenedores de basura delante del Concello de Vilagarcía DS
photo_camera Contenedores de basura delante del Concello de Vilagarcía DS

A renovación de todo o sistema de contenerización da recollida de lixo de Vilagarcía previsto no novo contrato da concesión implicará numerosos beneficios. Así o aseguraron fontes municipais, que subliñan que este novo contrato incorpora un importante número de colectores adaptados para persoas con diversidade funcional e mellorará de  as ratios por distancia e número de habitantes.

A nova concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, Urbaser, comezará a prestar os servizos o18 de maio. A substitución dos contedores  deberá estar completada no prazo máximo de catro meses e instalarse nas dúas semanas posteriores a terse recibido. O total de depósitos amplíase. Así, prevese  un total de 1.000 unidades para a recollida convencional, 845 para envases lixeiros e 740 para papel e cartón, co que tamén melloran as ratios de número de habitantes por contedor.
 



Os novos modelos serán máis modernos e funcionais e aptos para ser utilizados por persoas con diversidade funcional, destacan desde o Concello, xa que as bocas para a introdución do lixo se sitúan a menor altura, de xeito que poidan ser utilizadas por persoas que necesiten desprazarse en cadeira de rodas e incluso por nenos e nenas.

O 25% dos contedores de materia orgánica estarán dotados de bocas accesibles, proporción que chega ao 100% dos colectores para a recollida de envases lixeiros e de papel-cartón.

O sistema de recollida organizarase nas zonas urbanas mediante a creación das «áreas de aportación multifluxo». Nas zonas urbanas habilitarase como mínimo, un punto de recollida por cada 60 habitantes, e o 95% dos usuarios do servizo deberán dispor dunha das áreas a menos de 70 metros.  Nas zonas peri urbanas e do rural, establécese unha ratio mínima de 1 contedor de resto por cada 25 habitantes e 1 de papel-cartón por cada 122 veciños. en Vilagarcía

 

Maior seguridade


Os contedores estarán dotados de sistemas de suxeición ao chan que impedirán que poidan ser desprazados pola acción humana, por golpes de vehículos ou mesmo polos fortes ventos, evitando deste xeito os riscos que estas situacións supoñen en moitos casos para a seguridade viaria.
 

O servizo combinará contedores de carga lateral e de carga traseira que se distribuirán en función das características dos emprazamentos nos que se situarán e do tipo de camión que hai que utilizar en cada caso. Ademais, os modelos elixidos terán formas redondeadas e unha altura menor aos actuais, medida que facilita a visibilidade tanto dos peóns como dos condutores e tamén alixeira o impacto visual.
 

Contedores de madeira para as praias e móbiles para mercado e eventos


Para dar servizo ás praias disporase de 40 contedores específicos que se repartirán en illas para a recollida segregada do lixo. Dado o medio natural no que se integrarán, estes colectores serán de madeira de pino con algún elemento de aluminio para identificar o tipo de residuos.