'Música a flor de pel' iniciasé con actuacións nos centros de educación especial

A iniciativa social, que se extende a toda Galicia, achega a música e os seus beneficios a escolares con capacidades diversas
Un aula del Colegio SEK-Atlántico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Un aula del Colegio SEK-Atlántico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Afundación, dentro do seu compromiso por desenvolver iniciativas de impacto social, pon en marcha unha nova edición de Música a flor de pel, un programa que levará microconcertos aos centros de educación especial de toda Galicia. 

Case 500 participantes de 12 centros educativos están apuntados co que esta actividade contará en 2023 co 100 % de participación destas escolas, xa que na primeira parte da edición, celebrada nos meses de maio e xuño, estaban anotados os centros restantes. O programa comezará este martes en Vilagarcía, ás 10.00 horas, no Centro de Educación Especial Vilagarcía de Arousa, coa participación de 72 persoas nunha proposta de percuterapia e musicoterapia desenvolvida polo cantante e musicoterapeuta Pedro Campos. 

A música e o baile serán a ponte de conexión cos participantes nesta actividade na que os distintos instrumentos de percusión estarán ao alcance das nenas e nenos para poder experimentar con eles, a través dun programa de pezas adaptadas á idiosincrasia e preferencias de cada grupo.