Maratón fotográfica, o Día da Xuventude e teatro galego como oferta lúdica en Vilagarcía

A explanada do Auditorio acolle durante toda a xornada deste sábado, día 3, as actividades lúdicas, informativas e formativas para conmemorar o Ano Europeo da Xuventude
(JLO_20220923_0002.JPG) SALNES Festa da Bicicleta Plaza de la II Republica
photo_camera O Dia da Xuventude celebraráse na Praza da II República. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A oferta lúdico e cultural do primeiro sábado do mes de marzo será da máis diversa en Vilagarcía. Actos reivindicativos da igualdade de xénero a través da fotografía, teatro galego e unha xornada de xogos, música e actividades formativas para celebrar o Ano Europeo da Xuventude son as propostas principais ás que os vilagarciáns poderán optar ao longo de toda a xornada.

v, organizado no marco do conmemoración do 8-M, Día Internacional da Muller. O certame promovido pola Área de Igualdade do Concello contra coa participación de 21 persoas, 4 delas menores de 14 anos. Durante toda a xornada percorrerán as rúas da cidade para tomar imaxes que retraten as temáticas relacionadas coa igualdade que lles estableza a organización á saída da proba que comeza ás 10.00 horas da mañá no Auditorio.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas darán comezo ás actividades do Día da Xuventude na Praza da II República, que se prolongarán ata as 22.00 horas. A xornada organizada pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración co Concello de Vilagarcía consiste na realización dun amplo programa de xogos e actividades lúdicas, informativas e formativas destinadas á mocidade de 12 a 30 anos e de carácter completamente gratuíto. A festa inclúe sesións musicais e a actuación da cantante arousá Martina López, a moza da Illa finalista no programa de televisión Got Talent e que estuda no Conservatorio de Vilagarcía.

Os amantes do teatro terán a oportunidade de gozar da última montaxe da compañía De Ste Xeito que a partir das 20.30 horas representan no Auditorio BACKUP. A resurrección de Nuno, unha "comedia postmorten" con tinguiduras futuristas incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. través dun humor acedo, esta obra presenta unha posibilidade propia da ciencia ficción pero que sen embargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade, devolver á vida a un finado a tra vés dunha Intelixencia Artificial e, sobre todo, as consecuencias que iso podería ter no resto das persoas da súa familia.

As entradas poden adquirirse o mesmo sábado partir das 18.30 horas na billeteira do Auditorio ao prezo xeral de 5 euros ou de 23 euros para colectivos bonificados (maiores, desempregados e titulares do carné Xove).