Mantense aberta a inscrición para as últimas cinco visitas guiadas a Cortegada para maiores de 65 anos

As excursións organizadas polo Concello son gratuítas e están financiadas a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia
Viaxe á Illa de Cortegada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA/ARQUIVO
photo_camera Viaxe á Illa de Cortegada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA/ARQUIVO

A Concellería de Persoas Maiores de Vilagarcía mantén aberta a inscrición do programa de visitas guiadas a Cortegada para maiores de 65 anos. As persoas interesadas es asistir á actividade gratuíta deberán anotarse nas dependencias da Concellería en horario de mañá. As cinco excursión que quedan por realizar entre o mes de maio e principios de xuño desenvolveranse nas fins de semana. Os participantes irán acompañados dun guía que lles explicará o valor, a historia e os re cursos da illa incluída no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Os únicos requisitos para poder participar neste programa son ter cumpridos os 65 anos e estar empadroado en Vilagarcía. A empresa local Corticata, especializada precisamente no coñecemento e a divulgación da illa de Cortegada, será a encargada de xestionar a iniciativa, dende o traslado dende o peirao do Carril ás visitas guiadas pola illa. A duración da actividade será de aproximadamente dúas horas e media, con saídas ás 11:00 horas ou ás 16:30 horas, dependendo do día.

A actividade forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se deseñou o Goberno de España con fondos europeos, que neste caso xestiona a Xunta de Galicia.