O Goberno local renova 300 metros do saneamento da rúa Casteo en Trabanca Sardiñeira

A obra acabará cos problemas derivados do mal estado dunha instalación antiga que rexistraba numerosas roturas ▶ Os traballos aproveitaranse para instalar 60 metros de canalización para a recollida de pluviais, servizo do que carece a rúa

Obras no saneamento da rúa Castro en Trabanca Sardiñeira Vilagarcía
photo_camera Obras no saneamento da rúa Castro en Trabanca Sardiñeira Vilagarcía. DS

Os operarios do servizo municipal de Obras son os encargados de executar a obra de renovación da rede de saneamento na rúa Castro de Trabanca Sardiñeira. A actuación, iniciada hai uns días, consiste na instalacións dunha nova tubaxe de PVC para substituír á vella canalización de fibrocemento que se atopa moi deteriorada e estaba a causar problemas debido ás frecuentes roturas. Os traballos parten do inicio da rúa, ao remate do paso baixo á vía do tren, e prolongaranse ao longo de 300 metros pola rúa Castro.

A concellería de Obras e servizos do Concello, dirixida por Lino Mouriño, encargou esta obra no marco do plan de mellora da rede de saneamento local que se vai executando de forma continuada en distintos puntos do territorio municipal. Os traballos comezaron hai dúas semanas e prolongaranse ao longo de todo o mes de outubro.

A renovación dos 300 metros de tubaxe porá fin ás constantes roturas que se estaban a producir, o que, ademais de provocar o mal funcionamento do servizo e, en casos, o afloramento de augas residuais cara a superficie, tamén provocaba afundimentos do pavimento que xeraban riscos para a circulación do tráfico e mesmo para o tránsito dos peóns.

Aproveitando a realización desta obra, tamén se procederá a instalar 30 metros de canalización específica para a recollida pluviais, servizo do que carece a rúa e co que se evitará que as augas brancas acaben e col apsen na rede de saneamento. A intención do Concello e completar a recollida separativa de forma gradual con posteriores actuacións na rúa.