EU esixe maior implicación de Ravella para resolver o conflito da recollida do lixo

Juan Fajardo di que "de igual forma que o goberno foi áxil para subirse os salarios un 15% debe esixir a Urbaser o incremento salarial dos traballadores da recollida do lixo, que leva conxelado dende 2021“
Contenedores de basura y camiones de recogida de basura en Vilagarcía DS
photo_camera Contedores de lixo e camións de recollida de Vilagarcía. DS

Esquerda Unida saíu ao paso para dar a súa visión respecto aos últimos acontecementos que rodean o conflito dos traballadores da recollida do lixo. Dende a formación defenden a necesidade de asumir como propias as reivindiacións laborais dos traballadores, "primeiro por xustas", xa que levan tres anos co salario conxelado e logo porque "están dentro do que se asinou no acordo nacional de salarios, polo que a empresa non ten escusa para non asumir esta reivindiación".

Na xunta de voceiros celebrada na mañá deste xoves, esixiron ao goberno contundencia na defensa destes traballadores, "xa que a empresa parece querer iniciar o seu periplo en Vilagarcía, cun conflito, que únicamente pagará a cidadanía, simplemente para demostrar unha posición de forza no conxunto de anos que lles quedan de contrato".

"O Concello debe esixir a empresa, que se sente a negociar cunha proposta seria, deixando actitudes prepotentes, que non teñen cabida nas relacións laborais do século XXI", explican dende Esquerda Unida.

Pero ademais, explican, o goberno local debe reclamar a empresa que cumpra correctamente co servizo, xa que "este non fixo mais que empeorar dende a entrada da nova concesionaria, se antes a limpeza de Vilagarcía era deficiente, hoxe é desastrosa, por unha concesionaria que non cubre os mínimos e que a día de hoxe está a incumprir o contrato, xa que non cubre nin as baixas nin as vacacións ,polo que cada día hai menos persoas adicadas a limpeza e recollida do lixo en Vilagarcía, ademais de non terse realizado a limpeza extraordinaria asinada para os tres primeiros meses da contrata".

"O noso grupo estará vixiante do que faga o concello neste sentido, pois parece que unha vez garanƟdos os incrementos do goberno, o resto de cousas xa pasaron a un segundo plano", sentencian.