O espectáculo Temidas Teimas aprázase ata outubro ou novembro deste ano

A actuación do grupo Clámide estaba planificada para o día 19 de agosto pero debido a unha enfermidade tivo que pospoñerse
Casa da cultura de Guillán. DS
photo_camera Casa da cultura de Guillán. DS

Temidas Teimas apraza a súa representación, que estaba programada para este sábado, 19 de agosto, para o outono, debido á enfermidade dun dos membros do elenco de Clámide. A Función trasládase a unha nova data, aínda por confirmar, entre os meses de outubro e novembro en Guillán, e que segundo o Concello de Vilagarcía se comunicará con debida antelación. 

A representación de Temidas teimas forma parte da acción desenvolvida pola Concellería de Cultura de Vilagarcía co obxectivo de descentralizar a programación cultural. O ciclo, que comezou o pasado 1 de xullo, inclúe actuacións nos centros socioculturais de O Piñeiriño, Cornazo, Guillán, Fontecarmoa, Rubiáns e A Xunqueira. Con esta acción, o departamento que dirixe Sonia Outón persegue tres obxectivos principais: descentralizar a oferta cultural achegándoa ás zonas da periferia e do rural, tratar de captar novos públicos e dar a coñecer e potenciar aos creadores, grupos e colectivos que fan cultura na propia cidade. A maiores, con este tipo de iniciativas tamén se busca dinamizar a actividade sociocultural nas contornas onde é menos frecuente a celebración de espectáculos.