Contratada a obra de acondicionamento do firme no cruce de San Roque con Santa Eulalia

Ravella destina 14.300 euros ao arranxo da extensa focha aberta na transitada intersección
Estado actual do firme no cruce de San Roque con Santa Eulalia
photo_camera Estado actual do firme no cruce de San Roque con Santa Eulalia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A extensa focha que se abriu a principios deste inverno no cruce das rúas San Roque e Santa Eulalia será arranxada de forma definitiva coa obra que o Concello vén de adxudicar á empresa Marconsa por importe de 14.310 euros. Despois do bacheo provisional realizado por operarios municipais nos días seguintes á apertura do burato, esta actuación mellorará as condicións para circular pola transitada intersección que rodea a estación de servizo de San Roque.

A focha xurdíu como consecuencia á suma da erosión causada polas chuvias e ao desgaste do firme neste punto no que conflúe o elevado tráfico de saída cara Pontevedra dende San Roque e Juan Carlos I co que atravesa a cidade a través de Santa Eulalia. A fondura da depresión causaba graves molestias para a condución e incluso un risco polo que, apenas un día despois de aparecer, foi arranxada de forma provisional polo Concello cun bacheo de urxencias mentres non se contrataba a obra definitiva e de maior calado que se vai a acometer de contado.

Tamén en materia de seguridade viaria, o Concello adxudicou a Marconsa o reacondicionamento do paso de peóns elevado da rúa Fernández Gil y Casal, na zonas das Pistas. Esta actuación ten un custe de 4.504 euros.