Ravella aposta pola vida veciñal coa financiación a sobras do Centro Veciñal da Laxe

Destínaranse 4.400 euros, a través da sinatura dun convenio coa asociación Contra Vento e Marea, para mellorar a cuberta e a instalación de claraboias do edificio
Fachada
photo_camera Fachada do concello de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

O Concello de Vilagarcía asinou un convenio de colaboración coa asociación Socio-Cultural e Recreativa Contra Vento e Marea para financiar as obras de acondicionamento do centro veciñal da Laxe. A axuda ascende a 4.400 euros e con ela desenvolveranse traballos de conservación e mantemento do edificio, para que se melloren as condicións de uso por parte da veciñanza.

A empresa encargada de realizar estes traballos é Construcciones Metálicas Cuevas e estes versarán no arrombamento do interior da sede emprazada na rúa Canteira, na realización de arranxos na cuberta e na instalación de claraboias. O obxectivo destas actuacións é garantir o estado idóneo do inmoble para que os veciños da Laxe poidan facer uso del en condicións de confort e seguridade, facilitando o seu funcionamento e contribuíndo, deste xeito, a dinamizar a actividade social e cultural do lugar.

O convenio coa asociación Contra Vento e Marea enmárcase na liña de actuación que o Concello de Vilagarcía mantén cos colectivos e asociacións que dispoñen de centros veciñais propios e que desenvolven neles actividades, tanto lúdicas como culturais. Con esta acción foméntase a participación dos veciños e veciñas, así como o efecto socializante e cohesionador da poboación da zona.