O Clube de Lectura de O Piñeiriño celebra o seu primeiro aniversario

Este martes, ás 21.00 horas, procederase á lectura do libro El bosque de los cuatro vientos
Centro Cultural Breogán DS
photo_camera Centro Cultural Breogán. DS

O Club de Lectura no Piñeiriño celebra este martes, día 5 de marzo, o seu primeiro ano no Centro Cultural Breogán. A cita terá lugar ás 21.00 horas na biblioteca do local da asociación (Rúa Fermín Bouza-Brey nº7), e na xuntanza procederase á lectura do libro El bosque de los cuatro vientos, obra de María Oruña. 

A Asociación é un espazo onde os amantes da literatura poden compartir as súas paixóns e descubrir novos mundos a través dos libros. Neste aniversario, queren destacar o libro que acompañou a súa xornada durante o último mes, O bosque dos catro ventos.

"Durante estes meses, o noso clube creceu en número e en conexión, e a experiencia de mergullarnos nas páxinas dos libros, especialmente nesta última obra, foi verdadeiramente enriquecedora", explican dende o clube. "El bosque de los cuatro vientos transportounos a un universo fascinante, onde os segredos e misterios do pasado conflúen co presente nunha trama absorbente e emocionante, que analizaremos na reunión de este marzo". 

"Nesta xornada tan especial, queremos agradecer a todos os membros do clube polo seu compromiso e entusiasmo continuo. Sen a vosa participación activa e a vosa paixón pola lectura, non sería posible celebrar este éxito", engaden. 

Tras cumprir o seu primeiro aniversario, dende o Club de Lectura do Piñeiriño miran "con entusiasmo cara ao futuro e anticipamos moitas máis aventuras literarias xuntos".