O Centro de Emprendemento organiza un seminario de 'Power Bi' para emprendedores

Celebrarase o día 30 de marzo en horario de tarde. A participación é de balde e as prazas son limitadas
O Concello de Vilagarcía deu luz verde á actuación este luns. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera As instalacións do Centro de Emprendemento sitúanse na rúa Os Duráns. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Centro de Emprendemento do Concello de Vilagarcía de Arousa organiza o vindeiro xoves 30 de marzo, un seminario sobre Power BI (Business Intelligence) para emprendedores coa finalidade de mostrar as potencialidades desta ferramenta e capacitar aos participantes en novas técnicas de analítica que precisan os seus negocios. A actividade impartirase de 18.00 a 19.30 horas nas instalacións do centro, sitas na rúa Os Duráns, e a asistencia é gratuíta. As prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa a través do enderezo electrónico [email protected].

No seminario, impartido por un consultor de Craftium especializado na área de data, os emprendedores aprenderán de xeito práctico técnicas de procesamento da información, xeración de coñecemento e presentación avanzada de informes.

O Centro de Emprendemento, impulsado polo Departamento de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vilagarcía de Arousa, continúa así coa axenda de actividades para seguir impulsando e apoiando o emprendemento e a consolidación empresarial da localidade como medio para dinamizar a economía local e crear emprego de calidade na cidade.