O BNG esixe que a película 'O Corno' se proxecte no municipio

Vilagarcía non está incluída nos circuítos comercias para a proxección da obra

Jaione Camborda na rodaxe de O CORNO. DS
photo_camera Jaione Camborda na rodaxe de O CORNO. DS

O Bloque Nacionalista Galego de Vilagarcía, da man do seu voceiro, Xabier Rodríguez Paz, presentará no Pleno ordinario municipal de Outubro un rogo para que o filme gañador da Cuncha de Ouro no Festival de Cine de Donostia 2023, O Corno, poida ser visto en Vilagarcía, de ser a vila excluída dos circuítos comerciais.

Este filme da directora Jaione Camborda, ambientado no mundo do marisqueo na Arousa dos anos 70, e rodado integramente en galego, acaba de facer historia ao merecer este galardón de dimensións internacionais. Perante a nova de que Vilagarcía vai estar excluída da súa exhibición, dentro das sete cidades, así como da relación de vilas galegas de menor entidade, o BNG considera que a Concellería de Cultura "podería explorar a posibilidade de contactar coa produtora para a súa estrea en centros culturais da nosa vila", explican os nacionalistas.