Amigos de Galicia y Alcampo presentan la campaña 'Nas súas mochilas, o seu futuro'

A entidade continua á campaña solidaria de recollida de material escolar dende o supermercado de Vilagarcía
Presentación da campaña de Recollida de material escolar novo de Alcampo en Vilagarcía. DS
photo_camera Presentación da campaña no Alcampo de Vilagarcía. DS

Na xornada deste venres presentouse no Alcampo de Vilagarcía a campaña solidaria Nas súas mochilas, o seu futuro, onde o centro habilitará un punto de recollida nas súas instalacións para que os/as visitantes que acudan aos talleres e actividades lúdicas realizadas durante todo o mes de setembro, poidan aportar o seu gran de arena a través de doazóns de material escolar novo. Os útiles que se poden doar son moi variados; dende mochilas, cadernos, subraiadores, bolígrafos, sacapuntas...

Nas próximas semanas dará comezo o novo curso escolar onde a subida dos prezos dos libros de texto e material escolar dificultan que moitas familias poidan cubrir estas necesidades para os/as máis pequenos/as da casa. Estimase  que o material que precisa cada alumno/a para comezar o curso 23/24 tería un valor de entre 300 – 500 euros, debido a este incremento, a entidade volta coa súa campaña solidaria de recollida de material escolar Nas súas mochilas, o seu futuro para intentar cubrir as necesidades que xorden nas familias atendidas que contan con recursos limitados.

A entidade pon a disposición das persoas que desexen colaborar, diversas modalidades de facelo: mercando unha mochila solidaria; a través dunha doazón mediante a plataforma de pago Bizum.; ou entregando material escolar nos diferentes puntos de recollida hablitados en cada provincia.