Alumnado do Arealonga e da Unitaria de Solobeira falarán con Papá Noel via online

Os escolares acudirán o venres á aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos para establecer a conexión con Laponia
Visita de Papá Noel a Vilagarcía en el encendido de luces. SAMUEL CARDALDA
photo_camera Papá Noel visitou o municipio para o encendido de luces. SAMUEL CARDALDA

O alumnado do colexio Arealonga e da Escola Unitaria de Solobeira participarán este ano na video conferencia anual que nestas datas se establece entre Vilagarcía e Laponia co obxectivo de que nenos e nenas poidan falar con Papá Noel e expoñerlles as súas peticións antes da súa visita á cidade a noite de Nadal. A cita será este venres, 16 de outubro, ás 11.30 horas nas instalacións da aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos.

Os escolares vilagarciáns poderán volver a interactuar con Papa Noel nesta ilusionante conversa coa que, ademais de incrementar a maxia do Nadal e facer medrar a ilusión entre os máis pequenos da casa, tamén vda sociedade da información. Falando con Papa Noel, os escolares experimentarán co uso da video conferencia e comprobarán a utilidade desta canle que permite manter unha comunicación audiovisual fluída e a tempo real entre os interlocutores.

Cunha duración aproximada de media hora, os máis cativos da casa poderán facer as súas peticións de Nadal e interactuar directamente e sen intermediarios botando man das novas tecnoloxías. Organizada pola rede CEMIT coa colaboración da Concellería de Educación, esta é xa unha das actividades más esperadas polos cativos do municipios nos últimos anos. Para que o maior número deles poida participar, vanse rotando os colexios cada ano.