Adxudicadas as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Rianxeiro

O proxecto ten un custe de 29.200 euros que se financian a través do Plan Concellos e será levado a cabo pola empresa Galsur ▶ Permitirá dar servizo ás vivendas situadas nesta rúa sen saída

O Concello de Vilagarcía deu luz verde á actuación este luns. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Concello de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Ravella acordou na reunión de este luns adxudicar á empresa Galsur Proyectos y Obras os traballos de ampliación dos servizos de saneamento e abastecemento de augas na rúa Rianxeiro, na parroquia de Cornazo. A execución deste proxecto ten un custe de 29.240 euros e inclúese nas actuacións a financiar a través do Plan Concellos da Deputación correspondente ao actual exercicio. A actuación permitirá dotar dos servizos básicos ás vivendas emprazadas na rúa e que ata o de agora carecían deles.

A rúa Rianxeiro é unha vía sen saída e situada a una cota inferior a do colector xeral do saneamento. Para salvar esta dificultade proxéctase a instalación de cinco canalizacións independentes para dar servizo a cada unha das vivendas ou parcelas existentes. Estas tubaxes confluirán nunha arqueta situada no límote da rúa e que se conectarán ao colector xeral mediante un pozo de rexistro. Debido á diferenza de cota existente, a rede pública inclúe a instalación dos sistemas de bombeo e impulsión necesarios para elevar as augas residuais dende a rúa Rianxeira ata o colector principal. Unha vez realizada a instalación pública, cada propietario deberá encargarse da conexión e acometida a súa propiedade, así como da instalación da impulsión que permita ao caudal saínte chegar ata a rede municipal.

O proxecto inclúe tamén a construción dun ramal da rede de abastecemento de auga potable dende a rúa Souto coas correspondentes arquetas. Neste caso, a cota inferior da rúa Rianxeiro facilita a condución da auga dende o colector xeral ata as vivendas xa que discorrerá por gravidade.