O Obradoiro de Hostalería do Salnés organiza unha xornada de corte de xamón

Na sesión celebrada este martes deuse a coñecer as partes do producto, a súa limpeza e posterior corte
MASTERCLASS INICIACIÓN AO CORTE DE XAMÓN no Obradoiro de Hostalería do Salnés XIV.DS
photo_camera Na xornada mostrouse como facer o corte do xamón. DS

O Obradoiro de Hostalería do Salnés XIV, promovido pola Mancomunidade do Salnés, continúa apostando pola diferenciación e a cualificación do seu alumnado organizando diferentes formacións especificas. 

Nesta ocasión impartiuse unha masterclass de Iniciación ao corte de xamón da man do experto Camilo Vilas. A xornada de este martes estivo aberta ademais aos hostaleiros da zona, así coma a todos os nteresados que quixeran aprender esta técnica.

A xornada formativa consistiu en dar a coñecer as partes do xamón, a súa limpeza e posterior corte así coma diferentes maneiras de empratado. Para finalizar esta actividade, procedeuse á cata do xamón acompañado de elaboracións do alumnado traballador.