O Real Club Naútico de Sanxenxo, entre os mellores

A Real Federación Galega de Vela leva cinco anos situando entre o baremo dos mellores ao clube sanxenxino polo seu traballo
Adrián Domínguez, director da sección de vela do Real Club Náutico de Sanxenxo
photo_camera Adrián Domínguez, director da sección de vela do Real Club Náutico de Sanxenxo. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

A capital do turismo das Rías Baixas está en Sanxenxo. Ademais do bo tempo e da gastronomía, outro dos grandes puntos significativos do municipio é o propio Real Club Náutico que, no referido ás actividades de vela, ten unha ampla oferta durante todas as estacións.

Adrián Domínguez é o director da sección de vela do Real Club Náutico de Sanxenxo dende fai oito anos. "Nosotros durante todo el año tenemos en torno 70 u 80 niños. En invierno suelen bajar sobre unos 20 y en verano triplicamos", comenta o director sobre o número de socios do club. Nos meses de xullo e agosto adoitan ter 100 nenos á semana. "El club está adaptado para que personas no socias puedan participar", declara el presidente aludindo á oportunidad de participar das familias que veranean pola zona.

A escola de vela do Real Club Náutico de Sanxenxo conta con distintos tipos de barcos en función da idade. Os chamados optimist son as embarcacións a partir de cinco anos. Para a etapa xuvenil contan con barcos como laser, 420 e catamaráns. Teñen, ademais, distintas licencias e regatas propias, sendo a máis coñecida a regata da clase 6M, na que participa o rei emérito.


"El Centro Nacional de Vela Adapatada está aquí", expresa Adrián Domínguez. Durante tres meses ao ano o clube desenvolve actividadades de  vela adaptadas a persoas con diversidade funcional. "En el año 2022 fueron 189 personas en  vela adaptada", declara o director resaltando o orgullo de poder realizar unha actividade así. Ademais, dende fai cinco anos o clube recibe o galardón da Real Federación Gallega, un indicativo de que as cousas trabállanse ben. O director comenta que é unha gran labor pero que os resultados son satisfactorios.