López anuncia que o PP dobrará os investimentos turísticos en Sanxenxo

O máximo responsable provincial do Partido Popular mantivo unha reunión este xoves coa plana local do municipio liderada por Telmo Martín
Luis López xunto a Telmo Martín na súa visita a Sanxenxo. DS
photo_camera Luis López xunto a Telmo Martín e María Deza na súa visita a Sanxenxo. DS

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, anunciou este xoves a intención da súa formación de redobrar e incrementar os investimentos turísticos en Sanxenxo para reforzar o seu liderado e a súa condición de capital de destino do noroeste de España tras adicarlle 11,2 millóns de euros a esta área no municipio desde a Xunta de Galicia na derradeira lexislatura.

O tamén presidente da Deputación puxo en valor a aposta turística dos populares, que complementa a encabezada polo alcalde, Telmo Martín, e o Concello, durante unha visita realizada na mañá deste mércores ao mercado da vila, na que tamén estiveron presentes o propio rexedor, a candidata e tenente de alcalde, María Deza, a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro, e outros membros do PP local.

"A simbiose entre os moitos e bos empresarios do sector turístico, o Concello e a Xunta estase a demostrar moi eficiente e hoxe Sanxenxo é un destino de moitísimo prestixio en España e toda Europa. A elo axudan, sen dúbida, os fortes investimentos que impulsamos desde a Xunta de Galicia polo compromiso que temos no PP con Sanxenxo e co turismo como sector económico fundamental, e por iso imos seguir potenciando esta vila tan coñecida e recoñecida que supera sempre o millón de visitantes anuais", detallou López. insistineo que a Xunta investíu 41.588.049 euros no municipio na lexislatura.