Gustavo Almeida actuará en Sanxenxo o próximo sábado

O cantante brasileiro traerá convidados especiais, como a súa nai, Ellen Lima e o seu irmán, Rodrigo Almeida, tamén cantantes
Gustavo Almeida nun concerto este ano. RAFA FARIÑA
photo_camera Gustavo Almeida nun concerto este ano. RAFA FARIÑA

O cantante e compositor brasileiro afincado en Pontevedra, Gustavo Almeida, dará un concerto o próximo sábado 26 de agosto, con motivo das festas patronais de Sanxenxo. O artista estará acompañado pola súa banda e contará con dous invitados moi especiais, a súa nai e o seu irmán, tamén cantantes, Ellen Lima e Rodrigo Almeida. 

Ademais das cancións do seu máis recente disco Vérticeque conta cunha versión en galego, Almeida cantará algúns temas clásicos da música do seu país, Brasil, e que están dentro do proxecto que ten xunto a súa nai e o seu irmán, chamado Encontro de Gerações.

A actuación será na Praza dos Barcos de Sanxenxo, ás 22.00 horas, con entrada gratuíta e dentro da xira de primavera-verán que xa o levou a Canarias, Andalucía e Portugal, entre outros lugares. Ademais, aínda conta con visitas a Italia, Lisboa e Valladolid no próximo mes de setembro.