O Gran Talaso Hotel inaugura o verán coa súa tradicional cita co arroz

A VIII Semana Gastronómica do Arroz arranca este mércores en Sanxenxo con novas propostas da man do chef José Antonio Álvarez 
El chef José Antonio Álvarez en la pasada edición de la cita. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera O chef José Antonio Álvarez na pasada edición da cita. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Arroz de polbo e vieiras, arroz mariñeiro con nécoras, arroz de calamares e algas, arroz de orella de porco e gambóns, arroz de ibéricos e cogomelos, ou arroz de galo de curral son algunhas das innovadoras propostas que, xunto a grandes clásicos coma o arroz abanda, arroz de rape e moluscos, arroz negro ou o arroz de pato, polbo e fabas, estarán dispoñibles a partir de este mércores na carta do Gran Talaso Hotel Sanxenxo, que inaugura a súa xa recoñecida Semana Gastronómica do Arroz, co chef José Antonio Álvarez, que coroará esta VIII edición como xefe de cociña do hotel.

Tanto as novas elaboracións propostas este ano coma as clásicas estarán dispoñibles ata o 6 de xullo no restaurante do Gran Talaso, que ofrece unha inauguración do verán por todo o alto, consolidando este evento no calendario festivo do municipio, e que conta co selo que lle otorgan os produtos "de primeira calidade e proximidade". Así o explica o chef Álvarez, quen recoñece que "sempre triunfan os clásicos e os que levan peixe e mariscos das Rías Baixas". se ben os novos pratos deseñados para esta semana do arroz están «repletos de produtos locais e por suposto, produtos das nosas rías".

Dende o propio establecemento hoteleiro aseguraron que confían en "consolidar o éxito desta cita gastronómica e superar o número de comensais de anos anteriores", animando a "veciños e visitantes a que se acheguen ao noso restaurante e gocen desta oportunidade única para degustar os nosos fantásticos arroces".

As persoas que asistan á VIII Semana Gastronómica do Arroz poderán elixir unha das tres especialidades elaboradas cada día. O menú ten un prezo de 31 euros por persoa, e constará dun entrante, un arroz, un postre, auga e unha copa de escumoso Valtea. Este servizo está dispoñible en horario de comida e de cea, polo que as persoas interesadas poden realizar a reserva previa chamando ao teléfono 986 691 111.