A Festa Labrega chega esta fin de semana a Sanxenxo

A parroquia de Bordóns conmemora este sábado a duodécima edición da súa tradiconal celebración
PHOTO-2023-08-14-18-42-16
photo_camera Feira de Artesanía e Produtos da Terra da Festa Labrega de Bordóns. DS

A Asociación Cultural de San Pedro de Bordóns celebra este sábado o seu tradicional Festa Labrega. A parroquia sanxenxina vivirá a súa XII edición desta celebración, que se caracteriza polos seus xogos, concursos, músicas e comidas, ademais da clásica Feira de Artesanía e Produtos da Terra.

A principal novidade deste ano será a mexillonada a prezos populares que levará a cabo ás 13.00 horas. Esta actividade completa o apartado gastronómico do evento, xunto á churrascada nocturna, tamén a prezos populares, e a queimada, que terá un carácter gratuíto para todo aquel que a desexe.

Pola tarde, Bordóns gozará dos seus clásicos xogos populares. Entre eles estarán o campeonato de billarda, a competencia de chave e o concurso gastronómico. Tamén se celebrará o Serán Festa Labrega a cargo da charanga Fanfarria Furruxa e os grupos de pandereteiras e folclórico Soalleira e un sorteo dunha cesta de productos da terra.