Fernando Otero Montes lidera a nova executiva do PSdG-PSOE de Sanxenxo

A formación socialista celebrou este venres a Asamblea para a votación da Executiva Local
Novo executivo do PSOE de Sanxenxo. DS
photo_camera Novo executivo do PSOE de Sanxenxo. DS

O pasado venres, 26 de xaneiro,o PSdG-PSOE de Sanxenxo celebrou a Asamblea para a votación da elección da Executiva Local. á que asistiron 23 militantes da Agrupación Local e o Secretario Provincial, David Regades Fernández. A nova executiva, encabezada polo concelleiro Fernando Otero Montes como Secretario Xeral contará con xuventude e veteranía co obxectivo de impulsar o partido en todos os ámbitos que necesite a formación.

Neste senso, o partido quixo destacar que a pesar de non haber constituida unha executiva, organizou a distribución de apoderados nas eleccións xerais celebradas o 23 de xullo e seguíuno facendo para as autonómicas do 18 de febreiro. A nova executiva,, estará composta por María Elvira Figueroa Padín (Secretaria de Finanzas), Ángela Agís Balboa (Secretaria de Movementos Sociais e Igualdade), Esteban Miniño Otero (Vicesecretario e Secretario Política Municipal), Fernando Manuel González Piñeiro (Secretario de Organización e Xuventude), Manuel Villalustre Hermina (Secretario de Acción Electoral) e Lucía Otero Fernández (Vogal Adxunta a Secretaría de Organización).

A nova executiva afronta este novo reto con "ganas e ilusión de impulsar o partido e ser útiles para os veciños co obxectivo de gobernar a partir do 2027". 

Ademais, a formación socialista de Sanxenxo quixo destacar o ensanche electoral que obtén o PSOE nas eleccións xerais no municipio do Salnés e resalta que as políticas públicas aprobadas por este Goberno son ampliamente aprobadas por toda a cidadanía como reflexan as enquisas. Neste aspecto, dende a formación engaden que queren seguir revitalizándose e comunicar aos veciños de Sanxenxo que "a casa do PSOE é a casa do pobo e todo o mundo será recibido cos brazos abertos", sentencian.