Sabías que...

O ‘cormorán’ está en todas as partes de Sanxenxo

A lenda conta que grazas a esta ave antigos mariñeiros puideron voltar a casa
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera O ‘cormorán’ da Lanzada erixido sobre a rocha. RAFA FARIÑA | ARQUIVO

Sobre as rochas do mar da praia de Caneliñas ou da praia de Baltar é común divisar uns seres voadores alzando as ás. Trátanse de ‘cormoráns’ e coñécense por ser aves acuáticas.

A gran presenza destas aves débese ao propio clima e á biodiversidade das Rías Baixas. Nesta liña, no extremo occidental do Salnes, atópase o humidal máis importante de Galicia e nel habitan diversas aves, como o ‘cormorán moñudo’.

O único ‘cormorán’ que permanece intacto á climatoloxía é o ‘cormorán’ de bronce que se erixe fronte á praia da Lanzada. No libro ‘A nosa Señora da Lanzada’ de Rafael Quintía Pereira explícase a lenda do por que da estatua. O relato conta como uns mariñeiros, tras saír a navegar nun veleiro, atopáronse no camiño de volta con moita néboa que os imposibilitou voltar. O seu regreso a casa foi finalmente grazas a un ‘cormorán’ que apareceu de súpeto e guiounos polo camiño de volta. Quizais os ‘cormoráns’ das rochas de Baltar volven sempre ao seu fogar.