Sabías que...

O banco da Lanzada é un dos mellores de Galicia e do mundo

Fronte a praia da Lanzada, na parroquia de Noalla, o banco máis bonito do mundo. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

A parroquia de Noalla conta con numerosos bancos ao longo da costa, cunha situación xeográfica enmarcada nunha panorámica da Ría de Arousa privilexiada e única

Na parroquia de Noalla, pertencente ao municipio de Sanxenxo, localízase a famosa praia da Lanzada. Ademais de ser un lugar ideal para os surfistas polas súas ondas de gran tamaño e de ser das praias máis emblemáticas de Galicia, así como das mellores do Atlántico, conta cun elemento moi especial.

En fronte da Lanzada atópase o chamado banco da Illa Outeiriño ou tamén coñecido como o Banco da Lanzada. Sitúase concretamente en Punta Faxilda, a medio camiño entre San Vicente do Mar e Sanxenxo. Sentado sobre o banco pódese desfrutar das vistas que ofrece a panorámica, contemplando a Ermida da Nosa Señora da Lanzada.

O banco está situado dentro dunha ruta de sendeirismo o que permite desfrutar do traxecto, así como descansar do mesmo cunhas vistas inigualables. Con todo, a parroquia de Noalla, conta con numerosos bancos ao longo da costa cunha situación xeográfica enmarcada nunha panorámica das Ría de Rías Baixas privilexiada e única.