Andrea Area: "Mi trabajo es como vivir en el futuro"

A portonovesa leva sete anos de autónoma pero foi na pandemia cando o seu traballo e a súa vida colleu o rumbo no que está agora
Andrea Area xunto a dúas das súas obras no seu local. DP
photo_camera Andrea Area xunto a dúas das súas obras no seu local. DP

"La pandemia fue un antes y un después, me cambió la vida", conta Andrea Area, unha muller de Portonovo que montou un estudio creativo no que realiza papelería creativa para eventos, láminas personalizadas e no que, ás veces, tamén elabora pezas de vídeo e fotografía.

Según relata, empezou de autónoma hai sete anos, "montando" e editando vídeos, pero foi na pandemia cando tivo lugar o verdadeiro punto de inflexión: "En marzo de 2020 nos cambió la vida a todos. En mi caso, tenía algunos proyectos, pero se disparó el trabajo y aproveché los meses en casa para hacer un montón de cursos de acuarelas. Siempre pinté, pero ahí fue cuando empecé a ilustrar en acuarela, con carboncillo acuarelable...", relata.

Froito daquela incursión a súa actividade profesional mudou. Tanto, que a día de hoxe o 80% do seu traballo está centrado no desarrollo de imaxe de marcas, pintura e papelería para bodas, mentres o 20% restante está adicado a foto e vídeo.

TRAXECTORIA. Segundo di, a súa traxectoria profesional comezou a raíz dun Erasmus que fixo a Roma no terceiro curso de Comunicación Audiovisual. Andrea decidiu escoller asignaturas que non tivera en Galicia e foi aí onde se atopou co seu primeiro contacto co desarrollo de identidade corporativa, "algo que me gustó un montón y que me hizo interesarme cada vez más por las artes visuales", recalca.

Pouco a pouco foi construíndo o seu futuro e cumprindo os seus soños, pois o pasado mes de outubro abriu o seu propio local na zona de Noalla, cerca de A Lanzada. Actualmente, atópase coa axenda pechada ata finais de enero: "Mi trabajo es como vivir en el futuro", bromea esta empresaria, quen agarda que o público goce tanto como ela da súa nova colección de deseños.