Hotel Carlos I Silgar: dende hospedaxe ata regatas

Dende a súa inauguración en xaneiro do ano 2000, é un referente e recibiu varios anos consecutivos a mención de Excelencia Tripadvisor
Imagen de la regata Trofeo Hotel Carlos I Silgar. DP
photo_camera Imagen de la regata Trofeo Hotel Carlos I Silgar. DP

As Rías Baixas caracterízasen por ter tramos de acantilados e cortes abruptos entre a verticalidade dos bosques verdes e a horizontalidade das augas das propias rías. Ademais, cultura, gastronomía e clima, mestúranse para facer da visita a esta zona galega, unha experiencia inesquecible.

Por todo isto, moitas persoas deciden cada ano vir a lugares como Sanxenxo. Neste municipio da comarca do Salnés, unhas portas están abertas dende o ano 2000 para ofrecer descanso e ocio a toda persoa que quixese vivir unha auténtica experiencia en Galicia.

Esas portas pertencen ao Hotel Carlos I Silgar e dende un frío xaneiro de fai máis de dúas décadas, contribúe a namorar á xente de Galicia

CALIDADE CONSTATADA. 130 habitacións e 1.500 metros destinados ao SPA. Trátase dun dos primeiros hoteis da zona en obter a Q de calidade e durante varios anos consecutivos recibiu o Certificado de Excelencia Tripadvisor, ademais do recoñecemento nos ‘Traveller’s Choice’ de 2013.

Para quen queira mar, a praia de Silgar está a un par de minutos andando e, para quen queira non estar en contacto coa area, o ‘Hotel Carlos I Silgar’ ten tamén varias piscinas. Tamén ten pista de padel, tenis e ximnasio e tres grandes salóns de restaurantes para a realización de banquetes, celebracións, vodas ou eventos privados.

Ademais de aloxamento, o hotel abarca outros eventos. Neste sentido, este ano celebrou a XXIV Regata Trofeo Hotel Carlos I Silgar, na que o emérito entregou en persoa o primeiro premio.

A dirección dende a súa páxina afirma: "no queremos ser el hotel donde uno se queda, queremos ser el hotel que se queda en uno". As experiencias dan proba disto.