A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao rego Taboeiros

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais 
Un verquido en Meis. DP/ARQUIVO
photo_camera Un verquido. DS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais ao rego Taboeiros, no concello de Ribadumia.

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

O foco localizado na parroquia de San Clemenzo de Sisán tiña orixe nas filtracións da infraestrutura municipal de saneamento nesta zona do municipio pontevedrés. O persoal da Xunta solicitou ao Concello un plan de actuacións para eliminar as achegas contaminantes, procedendo a administración local a actuar nun pozo de rexistro do colector de saneamento, no cal foi identificada a orixe da achega de augas residuais ao dominio público hidráulico. 

Os técnicos da Xunta realizaron recentemente unha nova inspección á zona, verificando que as actuación realizadas permitiron a emenda do vertido.