Xornada de convivencia entre usuarios do Fogar dos Maiores e a Escola de Ocio

Convivencia entre os nenos da Escola de Ocio e os usuarios do Fogar dos Maiores. DS
Xuntos construíron un Portal de Belén que será colocado ás portas da Casa de Cultura

As actividades dos servizos de conciliación do Concello de Ribadumia foron un pouco distintas ás habituais, pois os nenos e nenas que fan uso do servizo da Escola de Ocio recibiron unha visita moi especial: a dos usuarios do Fogar dos Maiores, para gozar dunha xornada de convivencia entre nenos e maiores. 

Durante a mañá decidiron montar e construír un Portal de Belén que, unha vez rematado, se colocará á entrada da Casa de Cultura de Ribadumia para que toda a veciñanza interesada en admirar a creación poida visitala durante estas festas. 

Ademais da elaboración destas figuriñas típicas do Nadal, tanto maiores como nenos e nenas compartiron unha xornada de xogos, historias, anécdotas e vivencias. 

O Concello de Ribadumia congratúlase de que a súa veciñanza goce de momentos de unión e convivencia entre xeracións, sobre todo nestas datas, tan importantes de reunión e de reencontros. "Temos moito que aprender dos nosos maiores", sinalaban dende o goberno local é conscientes diso, decidiron xuntar aos máis pequenos cos maiores e que ámbolos dous colectivos aprendesen un dos outro.