Xornada de convivencia entre usuarios do Fogar dos Maiores e a Escola de Ocio

Xuntos construíron un Portal de Belén que será colocado ás portas da Casa de Cultura
Ribadumia Convivencia escola de ocio e maiores 2
photo_camera Convivencia entre os nenos da Escola de Ocio e os usuarios do Fogar dos Maiores. DS

As actividades dos servizos de conciliación do Concello de Ribadumia foron un pouco distintas ás habituais, pois os nenos e nenas que fan uso do servizo da Escola de Ocio recibiron unha visita moi especial: a dos usuarios do Fogar dos Maiores, para gozar dunha xornada de convivencia entre nenos e maiores. 

Durante a mañá decidiron montar e construír un Portal de Belén que, unha vez rematado, se colocará á entrada da Casa de Cultura de Ribadumia para que toda a veciñanza interesada en admirar a creación poida visitala durante estas festas. 

Ademais da elaboración destas figuriñas típicas do Nadal, tanto maiores como nenos e nenas compartiron unha xornada de xogos, historias, anécdotas e vivencias. 

O Concello de Ribadumia congratúlase de que a súa veciñanza goce de momentos de unión e convivencia entre xeracións, sobre todo nestas datas, tan importantes de reunión e de reencontros. "Temos moito que aprender dos nosos maiores", sinalaban dende o goberno local é conscientes diso, decidiron xuntar aos máis pequenos cos maiores e que ámbolos dous colectivos aprendesen un dos outro.