A XIII Feira da Familia chega este domingo a Ribadumia

Os xogos familiares, a colocación de inchables, a disposición dun karaoke, stands informativos e a actuación do Mago Paco son algúns dos pratos fortes deste evento

 Niños jugando en unos hinchables. ARCHIVO / RAFA FARIÑA
photo_camera Niños jugando en unos hinchables. ARCHIVO / RAFA FARIÑA

O Concello de Ribadumia ten todo preparado para celebrar, este domingo 7 de maio, a XIII edición da Feira da Familia. A festividade incluirá a realización de xogos familiares, a colocación de inchables, a disposición dun karaoke, stands informativos, a actuación do Mago Paco e unha merenda para toda a pequena veciñanza do municipio que se inscribiu, entre outras sorpresas.

As actividades organizaranse entre as 16.00h e as 20.30 horas da tarde na Praza do Concello en caso de que a meteoroloxía o permita. Do contrario, en caso de precipitacións, as actividades desprazaranse ao Pavillón de Barrantes. 

Con esta celebración colaborarán diferentes asociacións, nesta edición terán presencia a Fundación Amigos de Galicia, Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans), TDAH Salnés, Asociación Autismo Bata, Gotas (Asociación pola Diversidade Social), Servicio de Orientación Lar e a Cooperativa Reciclart do CPI Julia Becerra Malvar.

Esta iniciativa é unha proba máis do compromiso que ten o Concello de Ribadumia para que a rapazada tamén poida participar na programación municipal.

O Goberno local anima a todos os veciños e veciñas do municipio e achegados a asistir á XIII Feira da Familia e ás actividades de lecer que se organizan nesta localización, "onde o entretemento, a diversión e as anécdotas están aseguradas", apunta.