Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sanche chega este luns a Ribadumia

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. RAFA FARIÑA
Estará instalada xunto á casa do Concello en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas

O vindeiro luns 11 de decembro, desprazarase ata Ribadumia unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que permitirá ás persoas interesadas doar sangue de forma cómoda e sinxela. 

O autobús instalarase ó carón da Casa do Concello en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.