Ribadumia, a ritmo de música e Entroido no mes de febreiro

O Concello da a benvida ao novo mes coa música de Pablo Vila 
Carnaval Infantil Ribadumia
photo_camera Entroido Infantil de Ribadumia en 2023. DS

O Concello de Ribadumia propón para este mes de febreiro unha ampla oferta cultural no que a música será a que abra a programación. O domingo día 4 terá lugar o concerto de Pablo Vila, cantautor e poeta vigués que presenta o seu traballo Velas Rotas, composto por temas propios de pop, rock e canción de autor. A entrada é de balde.

O día 12 pola tarde chegará a estrea do I Desfile Infantil de Entroido para comparsas e carrozas que rematará na Carballeira de Barrantes coa actuación de Javi Solla para poñerlle o broche final musical.

Ribadumia despedirá o Entroido co tradicional Enterro da Galiña, organizado este pola Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes en colaboración co Concello.

O domingo 25, para recuperar enerxía despois de días de celebración será o turno de cine no auditorio.