Ribadumia recibe este luns unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

Instalarase xunto á Casa do Concello en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas
La unidad móvil de la Axencia de Doazón de Órganos, Tecidos e Sangue (Ados) en Marín. RAFA FARIÑA
photo_camera A unidade móbil de la Axencia de Doazón de Órganos, Tecidos e Sangue. RAFA FARIÑA

O vindeiro luns, 4 de septembro, desprazarase ata Ribadumia unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que permitirá ás persoas interesadas doar sangue de forma cómoda e sinxela. Esta iniciativa busca fomentar a solidariedade entre os veciños e veciñas do municipio e promover a doazón de sangue como un xesto que pode salvar vidas.

O autobús instalarase ó carón da Casa do Concello en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.

O Concello de Ribadumia anima a toda a veciñanza a doar sangue este luns e súmase á ADOS considerando de vital importancia ampliar e rexuvenecer a base de datos dos doantes de sangue en Galicia.