Ribadumia convoca a primeira edición do concurso de fotografía da Festa do Tinto

Haberá un único premio dotado con 100€ e un diploma de recoñecemento O prazo para presentar as fotografías remata o 7 de xuño de 2023
Ribadumia Festa do Viño de Barrantes A partir de las 12 30 con salida desde el concello a la Carballeira Desfile pregon cata final. RAFA FARIÑA GIMP 8
photo_camera Edición anterior da Festa do Viño de Barrantes. RAFA FARIÑA

Dentro das iniciativas preparadas para a celebración da 50 Edición da Festa do Viño Tinto e Exaltación das Variedades autóctonas , o Concello de Ribadumia convoca as bases para a primeira edición do Concurso de Fotografía Balance de Tintos. Este certame nace co obxectivo de difundir a festa e promover os valores da mesma: as paisaxes naturais dos viñedos de Ribadumia, a xente do mundo rural, os valores culturais da contorna e o significado e a importancia deste viño para o municipio.

Nesta convocatoria poderán participar todas as persoas que así o desexen, sempre a cando sexan maiores de 16 anos, puidendo presentar unha única fotografía por autor que deberá cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

- A fotografía deberá ser inédita (non publicada en prensa, web ou redes sociais) e non ter gañado ningún outro concurso.

- Deberá ser exclusiva do autor.

- Non se admitirán fotomontaxes.

- Para capturar as imaxes poderán empregarse teléfonos móbiles, cámaras ou calquera outra tecnoloxía.

A temática estará vencellada ao turismo enolóxico e á festa valorándose a orixinalidade, entre outros aspectos medioambientais, paisaxísticos, patrimoniais e reivindicativos do municipio. A participación supón a total aceptación das bases do concurso.

Para participar no concurso deberá presentarse, vía correo electrónico ([email protected]) a fotografía en formato JPG ou PNG, xunto o nome e apelidos do autor, a súa data de nacemento, os seus datos de contacto, o título da fotografía e a localización da mesma. O prazo para remata o 7 de xuño de 2023. Haberá un único premio, dotado con 100€ e un diploma de recoñecemento.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de fotografías, o xurado designado avaliará os traballos presentados, que estará composto por unha persoa especialista en fotografía, un representante da comisión organizadora da Festa do Viño Tinto do Salnés e un especialista en medios de comunicación.