Ribadumia camiñará en favor da loita contra o cancro

O municipio celebrará a VI Andaina Solidaria da Festa do Tinto o domingo, 4 de xuño, cun itinerario de 9km
Presentación da VI Andaina Solidaria 50 Aniversario Festa do Viño Tinto do Salnés e das Variedades Autóctonas. DS
photo_camera Presentación da VI Andaina Solidaria 50 Aniversario Festa do Viño Tinto do Salnés e das Variedades Autóctonas. DS

O Concello de Ribadumia celebrou, este martes, o acto de presentación da VI Andaina da Festa do Viño Tinto do Salnés e das Variedades Autóctonas no salón de plenos municipal.

Este evento terá lugar o vindeiro domingo 4 de xuño a partir das 10:00 horas. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse no mesmo momento da andaina, que sairá desde a rotonda de Os Castaños e rematará nos Stands da Festa. En total, contará cun percorrido de 9km aproximadamente. 

Como cada ano, a Andaina ten fins solidarios, pois nesta edición camiñarase en favor da loita contra o cancro