Ribadumia reforza o seu compromiso coa formación da veciñanza

O Concello organiza diversas actividades co fin de facilitar a inserción laboral ou informar á súa poboación
(IMG_5242.JPG)  Salnes Fachada Concello Ribadumia12595
photo_camera Casa Consistorial de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Ribadumia está a reforzar o seu compromiso coa formación dos veciños e veciñas do municipio en diversos eidos, tanto aqueles que os poden achegar a ofertas laborais, como outros que son áreas do día a día como pode ser a saúde ou a tecnoloxía.

Así, son diversas actividades e charlas as que están tendo lugar nas últimas semanas. A pasada semana era sobre ITS e en breve serán sobre obesidade no que ten que ver coa con saúde.

O municipio acolleu tamén outros cursos como o de Galegas Dixitais, que dou comezo este martes na Casa de Cultura de Ribadumia, e onde 25 mulleres se formaran nas últimas tecnoloxías para sacar o máximo partido a estas. Mellorarán así, durante 120 horas, as súas competencias dixitais tanto básicas como as máis avanzadas e que incluso as poden axudar en caso de emprendemento.

Este martes tamén daba comezo o curso de Caixeiro-Repoñedor da Mancomunidade do Salnés, que escolleu Ribadumia como sede. Curso que conta con parte práctica que se leva a cabo tamén nas instalacións da Casa de Cultura, onde o soto habilitado con estanterias replicará un supermercado para sacar o máximo partido a formación que ten unha duración de 50 horas.

A programación amplíase con outros cursos como o de “aplicador de fitosanitarios” que se levará a cabo nas vindeiras semanas.