Ribadumia acolle unha charla en conmemoración do Día Mundial da Diabetes

O martes 14 de novembro, ás 13.15 horas, o Centro de Saúde de Ribadumia impartirá unha charla onde se ofrecerá información sobre coidados e prevención desta enfermidade
Día Mundial da Diabetes. DS
photo_camera Cartaz do Día Mundial da Diabetes. DS

Dentro das actividades de concienciación en materia de saúde que se levan a cabo en Ribadumia, este martes 14 de novembro ás 13.15 horas impartirase unha charla informativa no Centro de Saúde de Ribadumia en recoñecemento do Día Mundial da Diabetes.

A charla centrarase en ofrecer coñecementos prácticos sobre os coidados esenciais para quen viven con diabetes. Ademais, abordaranse temas relacionados coa prevención desta enfermidade e proporcionaranse valiosos consellos para manter un estilo de vida saudable. 

En definitiva, este evento busca fomentar a concienciación da poboación e proporcionar información vital sobre a diabetes, unha enfermidade que afecta a un gran número de persoas en todo o país.