Ribadumia abre o prazo para a comunicación das fogueiras de San Xoán e San Pedro

As persoas interesadas en solicitar os permisos para as de San Xoán terán ata o 17 de xuño, mentres que o prazo para as de San Pedro é ata o día 20
Hogueras San Xoán Carril Vilagarcía 2022. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fogueras de San Xoán no ano 2022. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Ribadumia trasladou que o prazo para solicitar a comunicación e autorización necesaria para facer fogueiras con motivo destas festividades estará aberto ata o 17 de xuño no caso de San Xoán, e ata o 20 de xuño no caso das de San Pedro

Por outra banda, dende a agrupación municipal fan fincapé na responsabilidade que recae nos veciños e veciñas que desexen participar na celebración destas festividades. Fan un chamado á responsabilidade e ó respecto cara o entorno e as normativas vixentes, garantindo así a seguridade de todos os asistentes e o coidado do medio ambiente. 

É fundamental lembrar que as fogueiras deben levarse a cabo de maneira responsable e seguindo as indicacións e recomendacións establecidas polas autoridades competentes.