Os primeiros auxilios e a saúde, temáticas destacadas nas últimas actividades en Ribadumia

O próximo 27 de marzo terá lugar unha andaina, como mostra da importancia do deporte
Foto de familia trala formación de primeros auxilios de Ribadumia. DS
photo_camera Foto de familia trala formación de primeros auxilios de Ribadumia. DS

O Concello de Ribadumia celebrou, na mañá deste xoes, unha formación en primeros auxilios. O encontro foi de gran interese e importancia para o municipio, afirman dende o ente local, xa que busca capacitar os participantes con habilidades básicas de primeiros auxilios que poden ser cruciales en situacións de emerxencia. 

O curso abordou temas como a avaliación inicial dunha vítima, a reanimación cardiopulmonar (RCP), o manexo de feridas e queimaduras, así como a administración de tratamentos de emerxencia antes da chegada dos servizos médicos.

A formación foi impartida por profesionais da Federación Pola Igualdade da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) que transmitiron a importancia de coñecer primeiros auxilios é unha habilidade invaluable que pode salvar vidas, previr lesión e contribuír á benestar xeral da comunidade.

A vindeira semana terá lugar unha nova andaina organizada dende o centro de saúde municipal, coa que buscarán visibilizar o deporte como saúde, deporte saudable, e a vinculación deste co benestar de corpo e mente.

Esta andaina terá lugar o mércores 27 de marzo, con saída as 11.00 horas do Centro de Saúde de Ribadumia. Recoméndase a inscrición previa no centro de saúde.