O PP de Ribadumia resalta os 2.086€/habitante invertidos pola Xunta no municipio

Nos ámbitos da Educación e Política Social o ente autonómico invertiu preto dun millón de euros respectivamente
Agustín Reguera, David Castro e Daniel Benavides durante a súa visita ao Campo de Fútbol de A Senra en Ribadumia. DS
photo_camera Unha das visitas do delegado territorial da Xunta ao campo de fútbol A Senra en Ribadumia. DS

A tres días das eleccións autonómicas, o alcalde do Partido Popular David Castro, expuxo a inversión que a Xunta de Galicai fixo en Ribadumia nesta lexislatura. Así, tal e como explican dende o ente local, entre os anos 2019 e 2022 preto de 11 millóns de euros chegaron ao municipio dende o Goberno autonómico a través das diferentes áreas actuación.

"Destacando aquí en primeiro lugar os preto de 900.000€ chegados dende Educación para as obras de mellora do CPI Julia Becerra Malvar. Actuacións que melloraron as condicións do centro pero que non eximen do proxecto de renovación que está encima da mesa para que os nosos cativos teñan as mellores instalacións educativas para levar a cabo a súa actividade de estudo", explican dende o Concello.

A seguinte área en canto a inversión é Politica Social, onde o Servizo de Axuda no Fogar inviste en Ribadumia 960.000 € en 4 anos. "Servizo que fai unha gran función para mellorar a calidade de vida e axuda as familias de persoas dependentes. Aquí destacamos a axuda de 5.000€ que se comezou a executar en xaneiro deste 2024 e que ven a aliviar e beneficiar as familias que escollen a libranza no fogar para a atención as persoas dependentes".

Castro explicou que Ribadumia destaca por contar cun polígono industrial que fai de eixo económico, "aínda que non sexa o único, pois tamén temos turismo, viticultura, ou gastronomía entre outras actividades económicas". Pero a inversión de 760.000 € para pemes que chegou dende o IGAPE "mostra o compromiso da Xunta de Alfonso Rueda co tecido económico e coas pequenas empresas que fan de engranaxe da economía non só en Ribadumia si non en todo Galicia".

Por último, no ámbito deportivo, Ribadumia "ten que agradecer e destacar a importancia da iniciativa do Bono Deporte, pois contamos no noso concello como numerosos clubes de diferentes disciplinas e importantes bases deportivas. Estes 120 € por neno ven a aliviar a carga económica das familias polo menos no tocante ó deporte".