O I Desfile de Comparsas e Carrozas de Ribadumia supera as expectativas

Máis de 27 dorsais entre todas as categorías participaron na comitiva
Imaxe da celebración do Entroido 2024 de Ribadumia. DS
photo_camera Imaxe da entrega de premios do Entroido 2024 de Ribadumia. DS

O Concello de Ribadumia valorou como como "exitosa" a primeira edición do Desfile de Comparsas e Carrozas de Entroido celebrado no municipio. Un cambio no formato da celebración que arriscaba rompendo coa tradición pero que supuxo unha renovación e aire fresco na celebración. "Así no lo transmitiron veciños e veciñas de Ribadumia e da contorna que se achegaron para desfrutar do desfile e da posterior animación en mans de Javi Solla", afirman dende o ente local.

Os participantes chegaron ata os 27 dorsais entre todas as categorías, destacando a presencia de 4 grupos que superaban os 20 integrantes. Grupos que chegaron a Ribadumia "a poñer color" a tarde do luns de entroido que optaban a preto de 3000 euros en premios nas categorías de individual infantil, parella infantil, grupos de máis de 3 persoas, carrozas de 3 a 20 persoas, e carrozas de máis de 20 integrantes.

Os primeiros premios en cada categoría foron para: Contigo aprendi, Intento cocer o repolo, Willy  Wonka, Botou o mar fóra e O Valor do tempo. Pechará esta festividade en Ribadumia o Enterro da Galiña o próximo día 24 de febreiro.