O grupo Añoranza encherá de música tradicional o auditorio de Ribadumia

O domingo 23 de abril, ás 20.00 horas, celebrarase este concerto onde as melodías galegas serán as grandes protagonistas
O grupo musical interpretará algunhas das súas mellores pezas musicais. DS
photo_camera O grupo musical interpretará algunhas das súas mellores pezas. DS

A programación cultural do Concello de Ribadumia acollerá, esta fin de semana, unha actuación musical a cargo do grupo Añoranza, quen fará toda unha exhibición de música galega tradicional. O domingo 23 de abril, ás 20.00 horas, os músicos que compoñen a agrupación tocarán os seus grandes éxitos e interpretará música folk con estilos e ritmos dedicados á terra do Salnés.

Neste concerto farase un repaso á música de sempre onde se escoitarán os seus mellores traballos musicais. A música tradicional galega supón é un ben intanxible que debe ser protexido e apoiado como parte da identidade e cultura de Galicia.

A entrada será de balde e libre ata completar aforo, polo que o Auditorio Municipal estará a disposición de todo o que queira achegarse a descubrir e gozar desta parte do patrimonio galego.