O Día das Bibliotecas achega a Ribadumia unha sesión de contacontos de Paco Nogueiras

A cita terá lugar o vindeiro sábado, 21 de outubro, dende as 18.30 horas na Casa da Cultura
Biblioteca de Ribadumia. DS
photo_camera Biblioteca de Ribadumia. DS

Como cada ano, o 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, e neste 2023, o Concello de Ribadumia traslada esa celebración ao día 21 na Casa da Cultura. Alí, celebrarase unha sesión onde se destaque o rol das bibliotecas, se promova o amor pola lectura e darase importancia da alfabetización na sociedade, entre outras accións.

Este sábado, 21 de outubro a partir das 18.30 horas, a veciñanza de Ribadumia poderá asistir a unha cita coa cultura e a dinamización da lectura a través do entretemento grazas á sesión contacontos que ofrecerá Paco Nogueiras.

Ademais, haberá unha sesión de entrega de premios aos mellores lectores/as do municipio, a través dun diploma e un lote de libros. O Goberno local convida a toda a veciñanza a asistir este sábado á Casa de Cultura nun día dedicado á lectura, á imaxinación e ao aprendizaxe de nenos, nenas e adultos.