A Deputación mobiliza 700.000 euros para a transormación da Rúa Condesa en Barrantes

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de urbanización no que o ente autonómico financiará o 70% do proxecto e o Concello o 30% restante
Xunta de Goberno na que se aprobou a medida. DS
photo_camera Xunta de Goberno na que se aprobou a medida. DS

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de mobilizar un investimento de 1,4 millóns de euros para transformar dúas estradas provinciais que transcorren polos concellos de Ribadumia, Pazos de Borbén  e Ponteareas. Trátase, como subliñou o presidente provincial, Luis López, de actuacións para dotar a estes viarios “dunha maior seguridade viaria e para construír espazos máis centrados nas persoas, máis funcionais e con mellores prestacións”.

No caso de Ribadumia, a institución provincial aprobou o proxecto para a urbanización da Rúa Condesa en Barrantes, Ribadumia, pola que transcorre o treito inicial da EP-9506 e na que se van investir máis de 700.000 €. A actuación será financiada a través dun convenio, xa asinado, a través do cal a Deputación aporta o 70% (preto de 500.000 €) e o Concello o 30% restante (200.000€). Intervirase nun treito de 305 metros para urbanizar a Rúa Condesa e mellorar así as condicións de seguridade e mobilidade deste viario en pleno centro urbano, nunha zona na que están situados tamén equipamentos educativos e deportivos.