O CRA de Ribadumia abre as súas portas a novos alumnos para o curso 2024/25

O centro organiza o luns 19 unha xornada de portas abertas para coñecer as instalacións e actividades que se fan no establecemento
Escola de Leiro (Sede del CRA de Ribadumia). CEDIDA
photo_camera Escola de Leiro (Sede do CRA de Ribadumia). CEDIDA

O CRA de Ribadumia organiza unha nova xornada de portas abertas este luns, 19 de febreiro, ás 16.00 horas. Trátase dunha oportunidade para as familias que teñen nenos e nenas que o próximo mes de setembro comezan a súa etapa no colexio de 3 a 5 anos de coñecer máis sobre as actividades e a programación educativa do centro.

Durante a xornada poderán ver de primeira man as aulas, as diferentes actividades que se levan a cabo durante o curso, así como os traballos de horta e invernadoiro, ou os obradoiros de cociña, actividades de teatro e moitas outras para dinamizar o aprendizaxe dos alumnos.

A isto hai que engadir os servizos de comedor, plan madruga, actividades extraescolares entre outras.

Dende o Concello animan a todas as familias a que visiten este luns o centro e resolvan calquera dúbida que poidan ter, así como tamén indican dende a escola e dende a Anpa do Cra, que aqueles que estean interesados pero non poidan acudir o luns que se poden poñer en contacto con eles para axendar outro día para coñecer o centro educativo.