O concurso de fotografía ‘Balance de Tintos’ proclama como gañador a Xosé Rañó

O autor da fotografía, que coa súa participación reflectiu con creatividade a esencia da celebración vinícola, recibiu un diploma conmemorativo e un premio de 100 euros en metálico
O gañador do concurso, Xosé Rañó  xunto as concelleiras
photo_camera O gañador do concurso, Xosé Rañó xunto as concelleiras Mar Rey e Vanesa Jorge. DS

Nun acto celebrado este mércores no Salón de Plenos do Concello de Ribadumia, as concelleiras Mar Rey e Vanesa Jorge fixeron entrega do premio da primeira edición do Concurso de Fotografía Balance de Tintos. O premio constaba dun diploma conmemorativo e 100€ en metálico.

O gañador desta edición inaugural foi o fotógrafo Xosé Rañó Bueno, cuxa obra cativou ao xurado, pois coa súa participación reflectiu con creatividade a esencia da celebración vinícola. O goberno local mostrou a súa gratitude con todos os participantes e espera continuar promovendo iniciativas artísticas e culturais que enaltezan a identidade local.

Balance de Tintos, como nome de concurso, fai eco da tradición vinícola e o significado que o viño tinto ten para Ribadumia. Esta primeira edición contou cunha boa participación, da que se tiveron que descartar algunhas propostas por non cumprir as bases, e da que Xosé Rañó se fixo co premio coa súa fotografía Universo Tinto.

O Concello de Ribadumia trasladou os seus parabéns a este veciño de Vilagarcía de Arousa por compartir o seu talento e paixón pola fotografía e plasmalo no concurso, así como a todos os participantes desta primeira edición.