O Concello de Ribadumia freta un autobús para asistir á manifestación deste domingo

A concentración en defensa da Sanidade Pública está convocada para este domingo, 12 febreiro, ás 12 horas dende a Alameda de Santiago de Compostela ▶ O autobús fará tres paradas no municipio para recoller á veciñanza

Fachada principal de la Casa Consistorial de Ribadumia Concello. EP
photo_camera Fachada principal de la Casa Consistorial de Ribadumia Concello. EP

O Concello de Ribadumia contratou o alugueiro dun autobús para todos os veciños e veciñas interesados en asistir á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para este domingo 12 de febreiro en Santiago de Compostela. 

Este autobús realizará tres paradas para recoller ós viaxeiros: ás 10:00h estará na rotonda do Carneiro, en Lois, ás 10:15h no centro médico de Ribadumia e, ás 10:30h nos Castaños, para saír desde aí ata Compostela. A hora prevista de recollida e volta a Ribadumia será ás 14:00-14:15 horas, en función do horario de finalización da manifestación.

A manifestación sairá, este domingo, a partir das 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela. O obxectivo deste servizo é mobilizar á maior cantidade de veciños e veciñas do municipio que desexen participar na manifestación e loitar xuntos por unha Sanidade Pública de calidade. As persoas interesadas en subirse ó autobús ofrecido polo Concello de Ribadumia poderán inscribirse chamando ás oficinas municipais (986718491 ou 986718499) en horario de 8:00 a 15:00 horas, proporcionando o seu nome e apelidos e un número de teléfono, e ata o sábado 11 de febreiro ás 12.30 horas.