O Concello de Ribadumia comezou esta semana a limpeza e desinfección de todos os colectores de lixo do municipio. Esta acción, que segue a liña tomada polo Concello durante as épocas estivais dos últimos anos, foi encargada a empresa Reciclaje de Residuos Vimianzo S.L, que xa se atopa traballando por todas as parroquias de Ribadumia.
O proceso de limpeza, que se está a desenvolver con produtos ecolóxicos e respectuosos co medioambiente, entra no compromiso do Goberno local polo bo estado e mantemento do municipio.
A duración estimada desta actividade é de catro semanas e ten un coste próximo aos 8000€. Tras a limpeza e desinfección dos contedores amarelos en semanas anteriores, esta nova acción continúa cos programas de mantemento habituais do Concello de Ribadumia.