O Concello inviste máis de 70.000 euros na mellora das instalacións deportivas

Renovarase ademáis a súa dotación de equipamento ▶ As dúas liñas de actuación están subvencionadas pola Xunta de Galicia nun 80%
Instalación de A Senra en Ribadumia. DS
photo_camera O alcalde visitou as instalaciónn de A Senra. DS

O Concello de Ribadumia está a acometer melloras nas instalacións do Campo de Fútbol A Senra e dotando de equipamento deportivo ás instalacións de Cabanelas a través das ‘Subvencións a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable’, da Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. 

As obras están actualmente en execución con importantes avances, pois nestes momentos o valado con cubrición na zona exterior da Senra 2 está rematado, e esta actuación fíxose co fin de evitar que os balóns saian cara as casas da veciñanza nos días que hai eventos deportivos. A carón deste valado estase construíndo a nave dentro da para poder gardar subministro e maquinaria deportiva. 

O orzamento total de ámbalas dúas actuacións é de 74.339,97 euros; dos cales 62.500 euros están destinados ao Campo de Fútbol da Senra e 11.839,97 euros ó equipamento deportivo das instalacións de Cabanelas. A Xunta de Galicia achegará a contía da subvención en dúas anualidades: para o Campo de Fútbol recibiranse 29.410 euros  na primeira e 20.590euros na segunda, mentres que para o equipamento deportivo serán 5.571,42 euros o primeiro ano e 3900,56euros o segundo. A parte restante será achegada polo Concello de Ribadumia a través de fondos propios.