A Estación Fitopatolóxica Areeiro aconsella continuar a vixilancia da viña

Fotografía dunha viña. JAVIER CERVERA
O centro dependente da Deputación advirte da importancia de aplicar tratamento debido ao aumento do 'oídio'. Tamén preparados 'antimildio' naquelas viñas nas que, polo desenvolvemento da vexetación, non chegaron os tratamentos

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, advirte da importancia de aplicar tratamento debido ao aumento do fungo ‘oídio’ e da enfermidade ‘mildio’. Ademais, Areeiro advirte sobre o aumento da ‘erinose’ de verán e sobre novos síntomas de enfermidades de madeira.

Respecto ao tratamento do ‘mildio’, recomenda tratar as viñas con funxicida a base de cobre. Polo lado do ‘oídio’, ademais de tamén aplicar o funxicida de cobre, recomenda empregar un antídoto. Nos casos das viñas onde hai cepas de diversas variedades temperás e cun maior contido de azucre dos grans, é aconsellable aplicar un tratamento dirixido aos acios

Como consecuencia da calor dos últimos días, a sintomatoloxía das enfermidades de madeira acentuouse, así como o desequilibrio hídrico que está afectando a algunhas viñas.